Enlaces accesibilidad

Boi de récord: pesa 2.500 kg e vendeuse por 39.900 euros

  • Líbano, de raza rubia galega, criouse en Xove durante nove anos, coidado coma unha mascota
  • Nos restaurantes, un chuletón dun exemplar así rondará os 200 euros

Por
Boi de récord

Chámase Líbano porque así o bautizou a neta do dono. Este boi de raza rubia galega foi criado desde hai nove anos nunha granxa de Xove, na Mariña de Lugo. "Foi criado con moito cariño, era moi dócil, comprámolo con catro meses e criámolo como unha mascota", di o dono, José Louzao Quelle.

Exemplar excepcional

É un exemplar excepcional porque pesa uns 2.500 kg, segundo estima quen o vai mercar.

É un tesouro que encontras. Ando diariamente buscando gando e non vexo desto

"É un tesouro que encontras. Eu ando diariamente buscando gando e non vexo desto", di o tratante Luis Antonio Rebolo.

Por iso tamén van pagar por el un prezo récord de 39.900 euros, unha cifra da que non hai constancia na compravenda de bois en Galicia.

O comprador escala prezos, comparando co que ten pagado ata agora por outros exemplares.

"4.000 euros, 5.000, ata 8.000, se me apuras 10.000, 12.000… Pero nunca supera o prezo deste boi", sinala Luis Antonio Rebolo.

Alimentación

Este boi é unha excepción aos prezos baixos do sector da carne, segundo lamenta o seu propietario, que ten claro a clave da súa calidade.

Comen o verde a discreción, que é o que lle dá a calidade á carne... de penso e palla mantén calquera

"Comen o verde a discreción. Polo inverno hai menos verde, pero comen bellico, avea… que é o que lle dá a calidade á carne. Porque de penso e palla mantén calquera. E non é o mesmo comer un chuletón dun boi da Mariña lucense que comelo de Castela.

Unha empresa de Bóveda comercializará a súa carne, probablemente a través de internet.

"Temos comprado bois en Portugal e en Galicia, e a verdade é que esto é único.", di José Gutiérrez, de Cárnicas Gutrei.

Nos restaurantes un chuletón dun exemplar así rondará os 200 euros.