Enlaces accesibilidad

Cursos de formación para os futuros donos de mascotas

  • O concello de Pontevedra instrúe as persoas que adopten cans na protectora municipal
  • O anteproxecto de Lei de Protección e Dereitos dos Animais prevé a obrigatoriedade desa instrución

Por
Aprender a ser "bo cidadán canino"

Pontevedra adiantouse ao anteproxecto normativo que se está a debater e xa están en marcha os obradoiros de formación, nos que participan vinte e os seus donos. Son a primeira promoción de "Bós cidadáns caninos".

Aos donos ensínanlles como o can responde a unha chamada ou como ten que aceptar a un descoñecido.

"Dicímoslles; tés que levalo así ou non lle fagas iso, porque hai algo que ten gravado, que non lle sentou ben e que lle provoca malestar", sinala Carlos Souto, monitor e responsable da firma especializada Diverti Cans, encargada dos cursos.

Can de por vida

A un can non vale con sácalo a pasear, que faga as súas necesidades e voltar para casa.Ten as súas necesidades e é bo que traballen, a cabeza sobre todo. Ademáis, un can é de por vida", engade Carlos Souto.

A un can non vale con sacalo a pasear, que faga as súas necesidades e voltar para casa

A partir de agora, a protectora Os Palleiros de Pontevedra vai colaborar con este proxecto. A través dela fixéronse case un cento de adopcións no que vai de ano. "Todo aquel que sexa adoptado aquí terá opción de ter dous meses de formación impartida por Diverti Cans de xeito gratuíto", indica Marcos Rey, concelleiro de Benestar Animal.

Unha proposta que a protectora valora moi positivamente. Kelly Bello, vogal e voluntaria dos Palleiros, destaca que "por exemplo, nunha casa con nenos, con outros animais ou con persoas maiores a educación é fundamental, porque favorece a estabilidade se se fai de forma adecuada, ou pode prexudicar moito se se fai de forma errónea".

Tamén os donos de mascotas aplauden a idea. "Cando os acolles hai moitas dúbidas: vacinas, desparatización, microchips...Ninguén che da unhas pautas para seguir: alimentación, visitas ao veterinario... ao principio andas un pouco perdida", sinala Claudia Ramos.

Non son xoguetes

Búscase concienciar sobra a tenza responsable e a idea de que un can non é un xoguete. Se os animais superan o 80 por cento das probas do curso, os peludiños recibirán o carnet e o arnés que os acredita coma bós cidadáns caninos. "E vaise notar -din os responsables de Diverti Cans- cando os vexamos pasear polas rúas da cidade".