18 colexios e institutos competirán por construír un dron para apagar incendios
- Teñen de prazo ata maio, dentro da I Liga maker drone auspiciada pola Fundación Barrié
- Búscase fomentar as vocacións de tecnoloxía e achegar o seu uso á vida cotiá
Nas semanas anteriores recibiron formación, que agora terán que poñer en práctica, en obradoiros tecnolóxicos que percorreron os centros participantes, con formación en programación, impresión 3D, conducción de coches teledirixidos e en drons. Primeiro de xeito virtual, despois con axuda para facer unha pilotaxe real.
“Estas experiencias son sempre motivadoras“
“Hai alumnos aos que lles apaixoa e outros, se cadra, disfrutan máis co resultado final e non tanto co proceso, pero en xeral estas experiencias son sempre motivadoras”, asegura José Ignacio Ordóñez, profesor de tecnoloxía do Colexio Sta. María do Mar da Coruña, un dos centros participantes.
O talento dos alumnos
“No saben que cuando conocen la tecnología tienen la capacidad para cualquier tipo de reto“
Outro profesor di estar sorprendido polo talento de moitos alumnos. "Para nosotros está siendo una grata sorpresa, ver a tantos chavales con tanta iniciativa. No saben que cuando conocen la tecnología tienen la capacidad para cualquier tipo de reto".
Os rapaces aprenden o proceso de fabricación dun dron, mecánica, sensores, o seu funcionamento e manexo e as innumerables aplicacións prácticas.
Con todo eso aprendido, os 18 equipos participantes coñeceron hoxe o reto tecnolóxico que teñen por diante, ata maio.
Con esta iniciativa, pretendese estimular, aínda máis se cabe, o interese das novas xeracións polas tecnoloxías.
O Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Fundación Barrié organizan esta liga galega de drons, a primeira competición autonómica de España deste estilo.