Enlaces accesibilidad
Medio ambiente

Devesa da Rogueira, primeiro bosque español certificado FCS, que promove a biodiversidade

  • Nel non se cortan árbores para aproveitar a madeira, os comuneiros cóidana para conservala
  • A Devesa atrae turismo ao Courel e agardan que tamén fixe poboación

Por
Primeiro bosque certificado

Cunhas catrocentas hectáreas de superfice a Devesa da Rogueira é un dos bosques autóctonos mellor conservados de Galicia, un exemplo de bosque sostible que agora incorpora unha alta distinción.

Tenemos la suerte de que la gestión forestal que se hace aquí va dirigida solamente a la conservación.

Convértese no primeiro de España en contar coa certificación internacional FSC, grazas tamén a iniciativas como incorporar vacas de montaña para axudar a limpar a maleza e a cría de porco celta.

"Es una certificación que promueve valores de biodiversidad. En estos bosques no hay aprovechamientos tradicionales, no se cortan los árboles, no se corta madera. Esto es muy extraordinario. Tenemos la suerte de que la gestión forestal que se hace aquí va dirigida solamente a la conservación", sinala Gonzalo Ánguita, executivo de SCS España.

Investidores na Devesa

O recoñecemento FSC abre a porta a apoio económico para preservar o alto valor ecolóxico da Rogueira. Así unha empresa de Lugo decidiu patrocinar a conservación deste bosque, aportando 4.000 euros.

"Non queremos nada patrocinando un servizo ecosistémico, non estamos amortizando emisións de carbón, nin nada.

É só porque sabemos que esto é beneficioso. É un pouco egoísta, porque queremos a nosa saúde e a saúde do Planeta", argumenta Josefa de león, Directora de competitividade de Agroamb.

Non queremos nada patrocinando un servizo ecosistémico. É un pouco egoísta, porque só queremos a nosa saúde e a do Planeta

Cos 4.000 euros aportados, os comuneiros de Moreda puideron teitar unha cabana, onde se gardan as vacas que son parte do equilibrio medioambiental da devesa.

Os nosos avós saíron adiante grazas á explotación que fixeron da Devesa. Nós hoxe querémola moito

O comuneiro Carlos Castro, un dos que xestiona o bosque, explica o sentido de coidar un bosque sen tirar proveito económico. "Os nosos avós saíron adiante grazas á explotación que fixeron da Devesa. Nós hoxe querémola moito, pola beleza que tén, aparte de que atrae turismo".

Manter poboación

Neste concello da montaña luguesa agardan que a conservación da devesa contribúa a manter poboación.

É algo que nos sitúa no mapa a nivel mundial. Temos que perseguir que esto se manteña, que non morra

"É algo que nos sitúa no mapa, a nivel non só español ou galego, senón mundial. Temos que perseguir que esto se manteña, que non morra. É unha responsabilidade de todos que lugares coma este non desaparezan", manifesta a alcaldesa de Folgoso do Courel Lola Castro.

Seguir reparando cabanas e críar porco celta son algúns proxectos para este bosque senlleiro.