Enlaces accesibilidad
Coronavirus

Restaurantes e bares volverán pedir o pasaporte covid

  • Acordo entre a Xunta e o sector para evitar restricións de cabidas e horarios
  • A medida precisa do aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Por
Restaurantes e bares volverán pedir o pasaporte covid

Para evitar que os contaxios da covid se multipliquen na hostalaría, a Xunta e o sector acordaron esixir o certificado de vacinación nos restaurantes. Tamén nas cafetarías das nove da noite en diante. Antes de publicar as medidas a Xunta agarda o aval da xustiza.

Xa en decembro podería ser obrigatorio presentar o pasaporte covid para xantar ou cear nun restaurante. Iso ou un resultado negativo dunha PCR ou test. Bares, cafetarías e pubs pedirano a partires das nove da noite.

Mal menor para atallar outras restricións

Para nosotros es un trastorno el tener que solicitar los certificados covid, pero vemos que es un mal menor

César Sánchez-Ballesteros, presidente da Federación de Hostalaría de Pontevedra, asegura que asumen o acordo para evitar maiores restricións: “Es evidente que para nosotros es un trastorno el tener que solicitar los certificados covid, pero vemos que es un mal menor y siempre defendiendo que el sector hostelero lo último que quiere es tener restricciones de horarios o de aforos”.

Tamén se reducirá o número de comensais por mesa. Pasan de dez a oito en interior e de 20 a 15 en exterior. Búscase que os clientes se sintan seguros.

O conselleiro de Turismo e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide o compromiso de todos: “É unha chamada de responsabilidade para que estas normas se cumpran, tanto por parte dos profesionais da hostalería como por parte dos clientes”.

Piden a colaboración dos clientes

Pedirlo es una responsabilidad de todos

Na hostalaría prepáranse para aplicar as novas medidas pedindo tamén a colaboración dos clientes. “Pedirlo es una responsabilidad de todos”, comenta o xerente dun restaurante de Vigo. Outro profesional, salienta as dificultades que teñen para aplicar as normas: “Es un poquito complicado por el tema del personal, que, oye, no damos para todo...”

A clientela vacinada acolle de boa gana a medida. “Eu estou vacinado”, explica un cliente, “entón non teño ningún problema en mostrar o certificado”. “Yo lo tengo”, indica outro, “y prefiero que lo pidan”.

O sector espera salvar deste xeito as ceas de empresas e as celebracións familiares. A previsión é que as medidas entren en vigor para a ponte da Constitución. Deberán ser avaladas polo Tribunal Superior de Xustiza antes de publicárense no Diario Oficial de Galicia.