Enlaces accesibilidad
Coronavirus

A incidencia dispárase entre os alumnos de primaria

  • O número de casos activos nos centros educativos de Galicia duplicouse na última semana e suman xa máis de 1.300
  • A provincia máis afectada é a de Ourense, que tamén é a que ten a incidencia máis alta

Por
A incidencia da covid dispárase entre os alumnos de primaria

No colexio máis afectado pola covid en Galicia, o Filomena Dato de Barbadás, en Ourense, xa non teñen ningunha aula pechada, pero os casos activos entre o alumnado seguen a medrar.

Agora son 44, dous máis ca onte. O Concello remataba esta mañá a desinfección das instalacións.

4 dos 5 colexios máis afectados son de Ourense

No quinto con máis incidencia, os Salesianos de Ourense, a situación tende a estabilizarse. Seguen con 27 positivos e unha aula pechada que podería reabrir xa. Agás un escolar de infantil, todos os contaxios son de primaria.

Explícao Lupicinio Peña, o director do colexio: “Este año es en primaria donde más se está centrando la epidemia, y eso nos hace sospechar que la vacuna sí que está funcionando en las edades de secundaria en las que se aplicó”.

Nos Maristas de Ourense, o segundo centro máis afectado de Galicia, a situación melloraba nas últimas horas. De 36 positivos pasaba a 24.

Neste caso, as aulas máis afectadas son as tres de infantil, que permanecen pechadas.

Probas de saliva de balde nas farmacias

As familias de todos os centros educativos cunha alta incidencia teñen a opción de acudir ás farmacias a facer de balde os test de saliva. Hoxe remata o prazo para entregar as mostras. Os resultados daranllos mañá.

“Yo creo que eso es bueno”, apunta Lupicinio Peña, “porque puede haber algún caso asintomático y que a lo mejor con el test de saliva se detecte”.

Efecto das xuntanzas dos magostos

A orixe dos gromos semella estar nas xuntanzas de familiares e amigos que se celebraron nos magostos durante a segunda semana de novembro.

Por iso preocupa que se poida producir outro pico de contaxios trala ponte festiva da semana que vén.