Enlaces accesibilidad
Música

Carlos Núñez celebra o 25 aniversario do seu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un CD

  • Acompáñano artistas emerxentes e outros consagrados, Rozalén, Iván Ferreiro ou Tanxugueiras
  • Nestes vintecinco anos publicou unha ducia de discos e vendeu máis de un millón de copias

Por
Carlos Núñez, 25 anos de escenarios

Vintecinco anos pasaron dende aquel concerto na praza da Quintana, en Santiago, con Luz Casal e Dulce Pontes, entre outros artistas convidados co primeiro traballo de Carlos Núñez.

Novo disco e xira

Con novas cancións, novas colaboracións, con artistas que fan músicas urbanas e de todo tipo de estilos

O músico conmemórao cun novo disco e nova xira. "Con novas cancións, novas colaboracións, con artistas que fan músicas urbanas e de todo tipo de estilos. Igual que sucedeu con “Irmandade”, abrir a música tradicional e celta a xentes de todos os estilos, e que cada ún aporte.

Un disco no que reivindica o legado da "Irmandade das estrelas" rodeándose de músicos emerxentes, xunto a artistas consolidados coma Rozalén, Iván Ferreiro, Glen Hansard ou Tanxugueiras.

Patrimonio global

Nestes vintecinco anos publicou unha ducia de discos e vendeu máis de un millón de copias. A súa gaita soou nos templos musicais máis afamados do mundo.

Carlos Núñez volve reinvidicar o noso patrimonio, pero dándolle unha dimensión global.

Partindo da nosa tradición, da música de gaita, agora cantada, que chegue a todos os públicos do mundo

"Do patrimonio que temos, o marabilloso é facelo universal. Eso é “Irmandade”: un esforzó partindo da nosa tradición, da música de gaita, agora cantada, que chegue a todos os públicos do mundo".

Como fixera hai vintecinco anos, Carlos Núñez mestura o tradicional e o innovador, agora co máis actual. Despois de escoitarse en plataformas, acaba de saír á rúa o CD.