Enlaces accesibilidad

La 'Gran Consulta' de RTVE chega a Vigo

  • A televisión e a radio públicas pregúntanlle aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación
  • En dous meses xa responderon á enquisa máis de 75.000 persoas

Por
La Gran Consulta de RTVE chega a Vigo

Chega a Galicia a gran consulta de RTVE, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se acercan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación.

Para participar poden escanear co seu teléfono móbil o código QR da campaña ou entrar na web de RTVE. En dous meses xa responderon á enquisa máis de 75.000 persoas.

Novena parada dunha ruta de 15.000 quilómetros

É a primeira vez que se pregunta aos cidadáns que tipo de radiotelevisión pública queren. Vigo é a novena parada dunha ruta que comezou en outubro e percorre España pulsando á opinión da cidadanía.

Foi unha mañá de preparativos no estudio móbil para un programa en directo que comeza as seis da tarde. Emítese por RTVEPlay a plataforma gratuíta de contidos exclusivamente dixitais.

O camión, instalado preto do mar, nas Avenidas capta a atención dos vigueses, que preguntan que é La Gran Consulta.

Que adelantaran un poco los horarios. Nosotros somos muy fans de Master Chef y se nos hace difícil

“Que sea objetiva. Yo creo que nos hace falta una tele que sea más neutral,  ya que es la pública...”, responde unha das participantes na enquisa.

Son maioría os que agradecen que a programación de RTVE estea libre de publicidade e todos farían cambios: “Que adelantaran un poco los horarios. Nosotros somos muy fans de Master Chef y se nos hace muy difícil”. “Más cultural,  menos concursos”.

Opinións para deseñar o futuro de RTVE

As opinións contan, como explica a directora de Comunicación e Participación de RTVEMaría Eizaguirre. Ela é quen conduce os programas en directo en cada unha das cidades que visita a campaña: “Estamos muy contentos porque la participación está siendo altísima. Es verdad que todo el mundo lo que quiere es ver su ciudad, su comunidad autónoma más allá de asuntos relacionados con meteorogía o sucesos. Quieren que las cosas importantes de su comunidad se cuenten también al resto de los españoles”.

“Las respuestas que vamos teniendo, tanto aquí en el camión de La Gran Consulta como a través de la encuesta”, subliña Eizaguirre, “se van a recoger en un libro blanco que presentaremos en el Congreso de los diputados y con eso se elaborará el próximo mandato marco de RTVE”.

Un estudio móbil feito en Galicia

O estudio móbil de La Gran Consulta está a visitar preto de 20 cidades. Vai percorrer máis de 15.000 quilómetros ata o mes de marzo. Un plató de televisión moi especial que, ademais, foi feito aquí en Galicia.

A unidade móbil da gran consulta de RTVE volve á casa por Nadal. Dicimos que volve a casa porque naceu no polígono industrial de Bergondo, partiu para percorrer España e esta, a de Vigo, é a primeira visita que fai a Galicia. Os seus pais seus pais foron David Fernández e Manuel Roca. Un día recibiron o encargo desta casa, puxéronse mans á obra e un mes despois tiñan o traballo feito.

David Fernández, un dos responsables do proxecto, indica que se trata dunha das unidades móbiles máis grandes que hai en Europa, “porque dispone de muchos metros cuadrados tanto en planta baja como en planta alta, y además dispone de un tercer piso que es accesible para, por ejemplo, situar cámaras o hacer algún tipo de evento desde arriba. La convierte en una unidad muy espectacular”.

O traballo é esta unidade móbil, que eles cualifican de monstruosa, impoñente.  14 metros de longo, 8 de ancho e 9 de alto.

Cada milímetro cuenta. Ensablar todos esos pequeños detalles... Son muchos metros, pero cerrado... Es como un acordeón

Un enorme estudio de televisión andante. Circulando por estrada pode parecer un semiremolque normal pero non... Nunha hora, tocando uns botóns, a estrutura desprégase. Coma xogar cun playmóbil xigante anque cun pouquiño máis de dificultade

Manuel Roca é o outro responsable do proxecto: “Cada milímetro, tanto en el montaje como en el desmontaje, cuenta. Ensablar todos esos pequeños detalles... Son muchos metros, pero cerrado... Es como un acordeón”.

O próximo xoves, en Santiago

Cando esta campaña remate, esta estrutura desvístese. Fóra rotulación e fóra todo. Quedará convertida nun soño, pero momentáneo, porque se volverá vestir, en canto apareza o outro cliente. E é que aquí o esqueleto aprovéitase. Quédanlle moitas vidas por diante.

E, de momento, moitas cidades aínda que visitar nesta campaña de RTVE. O estudio móbil de la gran consulta vai seguir por Galicia e dentro dunha semana, o próximo xoves, estará na alameda de Santiago, con outros invitados, e animando aos cidadáns a que nos digan que radiotelevisión pública queren.