Enlaces accesibilidad

Case 16 millóns de euros da Lotaría na Illa de Arousa

  • Dos 790 décimos vendidos dun cuarto premio, os estudantes do instituto repartiron 200 para a viaxe de fin de curso
  • En Caldas de Reis tocaron 7,5 millóns, tamén do mesmo número
  • Comprueba tu décimo en el buscador de premios de RTVE | Especial Lotería de Navidad

Por
Lotaría de Nadal: case 16 millóns na Illa de Arousa

A ledicia inunda hoxe cada recuncho da illa de Arousa, polos millóns que repartiu a única administración do lugar, a da rúa do Cruceiro. Case 16 millóns de euros do cuarto premio, o 91.179.

Viaxe de fin de curso

Parte importante do premio procede dos 790 décimos vendidos en participacións para pagar a viaxe de fin de curso dos alumnos de 4º de ESO do Instituto.

Ao venderse en participacións, de 5 euros, o premio está moi repartido.

Estamos superfelices por como foi vendido, en participacións. Tocou en todo o pobo

"Estamos superfelices pola forma en que foi vendido, en participacións, tocou en todo o pobo", felicitábase o loteiro.

"Estou contentísima, moi nerviosa, porque nunca me tocou nada, e facía moita falta, moita falta", di aínda máis contenta unha veciña afortunada.

Estou contentísima, moi nerviosa, porque nunca me tocou nada

Os alumnos do instituto ían viaxar a Tenerife de excursión, pero xa están pensando en cambiar de itinerario. "De cruceiro", apunta ún deles.

Chegaron a venderse 4.000 participacións, de 5 euros. Como de cada boleto premiado un euro vai destinado á excursión dos rapaces, xuntan 4.000 euros.

"Estou impresionado, porque é moito diñeiro para a Illa", di sorprendido un alumno e veciño do lugar.

Outro cuarto premio

Houbo ledicia por partida dobre, porque curiosamente a mesma administración vendeu tamén un belisco, dous décimos, do outro cuarto premio, o 42.833.

Non lonxe da Illa, en Caldas de Reis, tocaron sete millóns e medio de euros, tamém do cuarto premio.