Belén de Valga: resumo do ano en clave de humor
- Entre os temas, o volcán, a pandemia, o rei emérito, Ana Peleteiro e as Tanxugueiras
- Esta montaxe, artesanal e en movemento, reinvéntase cada ano desde hai 26
O belén de Valga, en Pontevedra, xa case se converteu nun elemento tradicional máis do Nadal. Cada ano por estas datas visitano centos de persoas, que buscan como os artesáns desta montaxe reflectiron a actualidade do ano, o que eles escolleron como destacados desa actualidade.
Volcán, Xogos e covid
Este 2021 quedará marcado polo volcán de La Palma, os Xogos olímpicos de Toquio e a vacinación contra a covid.
O volcán aparece no momento en que engule e a igrexa de Todoque, esa é unha das escenas que centra as olladas do belén. Dos Xogos, Ana Peleteiro e Teresa Portela, e a vacinación na Cidade da Cultura, mesmo co presidente da Xunta recibindo a súa dose e a presión asistencial nos hospitais.
Tamén aparecen Tanxugueiras, candidatas a Eurovisión, e Rafaela Carrá e George Dan.
Acontecementos de impacto
Sen esquecer a tradicción, o belén busca sobre todo a sorpresa, ao reflectir acontecementos de impacto e as figuras variopintas da actualidade. Así, en deportes están aí a final da volta ciclista na praza do Obradoiro, a selección española de fútbol en patinete, a despedida de Messi do Barceleona e a familia de Sergio Ramos.
Na política figuran a saida de Donald Trump do despacho Oval e o breve enconro de Joe Biden con Pedro Sánchez en Bruxelas, Valentín González Formoso relevando a Gonzalo Caballero, a saída do cárcere dos presos do proccés. Coma guinda, o rei emerito de churrascada co fillo de Corinna.
Todo en catrocentros metros sobre os que se distribúen catro mil figuras.