Enlaces accesibilidad

Ómicron comeza a complicar a actividade hospitalaria, con reordenación de operacións e desvío de doentes

  • O Sergas prepara cambios na xestión para que os médicos poidan tramitar ao mesmo tempo as altas e baixas laborais
  • A alta incidencia desta vaga tamén entre o persoal sanitario fai que os hospitais teñan dificultades para cubrir as baixas

Por
A covid obriga a reordenar operacions non urxentes e a derivar doentes

Reprogramar operacións

A incidencia da covid segue disparada, e iso tradúcese nunha maior presión hospitalaria. O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) reprograma operacións non urxentes. "Non paramos de facer cirurxías, o que facemos é reordenar as prioridades", sinala Antón Fernández, director médico da área sanitaria da Coruña. O doutor engade que a experiencia doutras ondas de covid axuda agora a tomar decisións.

Derrivar doentes

Desde o CHUAC recoñecen que a elevada transmision de ómicron comeza a complicar a súa actividade diaria, de aí que estean a derivar determinados doentes a outros hospitais como o Abente e Lago ou o Materno Infantil.

Antón Fernández sinala que "sempre priorizamos os doentes oncolóxicos e os que ingresan por urxencias, para que o tempo que teña que pasar antes da cirurxía sexa o menor posible. E tamén aumentamos as cirurxías ambulatorias".

Priorizamos os doentes oncolóxicos e aumentamos as cirurxías ambulatorias

O CHUAC ten xa 5 unidades ocupadas por doentes con covid, lonxe ainda do impacto doutras vagas. A porcentaxe de ingresos é do 1 por cento, fronte ao 15 por exemplo da primeira e a maior son persoas non vacinadas ou coa pauta incompleta

A todo isto engádese a alta incidencia desta vaga tamén entre o persoal sanitario, o que fai que hospitais coma o CHUAC teñan dificultades para cubrir as baixas, preto de 800,  un 20 por cento delas por positivos en covid.