Enlaces accesibilidad
Sucesos

Ibrahima e Magatte: "Se unha persoa precisa axuda, hai que darlla sen pensalo"

  • Os senegaleses que axudaron a Samuel Luiz a noite en que o mataron, regularizaron a súa situación
  • Seis meses despois do crime da Coruña contan como aquel acto mudou as súas vidas

Por
Os mozos senegaleses que axudaron a Samuel Luiz

Ibrahima e Magatte estaban de casualidade, a madrugada do 2 de xullo de 2021, no lugar da Coruña onde un grupo matou dunha malleira a Samuel Luiz, de 24 anos, un suceso que apuntou a motivacións homófobas. Os dous mozos senegaleses tentaron axudar a Samuel e por iso mesmo foron golpeados polo grupo.

"Non somos heroes"

Non puideron evitar a morte de Samuel, pero a súa valentía causou a admiración de todos e dende aquela traballan nunha carpintería de Betanzos, porque o dono lles ofreceu emprego. Alí contan que o seu foi un acto normal, que repetirían sen dubidar.

Se volvese a pasar, hai que facelo sen pensalo, hai que meterse

"Só foi un acto de educación e cultura, se unha persoa precisa axuda hai que axudarlle. Se volvese a pasar, hai que facelo sen pensalo, hai que meterse", di Ibrahima.

Coa normalidade coa que ven aquela reacción, din que tampouco se consideran heroes. "Non somos heroes, non, só somos seres humanos como o era Samuel Luiz", reflexiona Magatte.

Agora con papeis

Magatte, de 38 anos e tres rapaces, e Ibrahima, de 39 e un fillo, chegaron de Senegal sen papeis e sen familia. Deixárona aló contando mandarlles cartos co que gañasen da venda ambulante, ao que se dedicaban ata o asesinato de Samuel Luiz.

Aquel suceso e a súa intervención cambiou as súas vidas. Ademáis de recibir ofertas de traballo, a Secretaría de Estado de Migracións concedeulles o permiso de residencia. "Antes estabamos vendendo na rúa, agora podemos cubrir os nosos gastos aquí e mandar cartos á familia en Senegal. Estamos moi contentos, estamos moi felices aqui", din ambos.

Podemos cubrir os nosos gastos aquí e mandar cartos á familia en Senegal

Aquí queren seguir, traballando ata os 65, e dando dando as grazas, coa mesma cultura e educación que os levou a dar un paso a fronte cando ninguen máis o fixo.