A fragata Blas de Lezo parte con 190 militares para unirse á operación da OTAN na crise entre Rusia e Ucraína
- O buque permanecerá alomenos dous meses no Mar Negro, ante a escalada do conflito na zona
- Fará escala na base naval de Rota, para incorporar a máis tripultantes e unidades aéreas
A fragata adianta uns días sobre o previsto a súa incorporacion ás manobras. Zarpará entre esta noite e mañá, unha vez que rematen as revisións médicas á tripulacion, 190 militares, deles 20 mulleres.As medidas de prevención pola pandemia impediron tamén hoxe a presenza de familiares na despedida do buque.
Dous meses no Mar Negro
A Blas de Lezo prestará apoio ás forzas da OTAN por un periodo estimado de 2 meses, pero está preparada para permanecer mais tempo se o requiren as circunstancias.
“A misión é estar en disposición de actuar ante un escenario de crise na seguridade“
O Comandante da Armada Gonzalo Leira atendeu hoxe aos medios de comunicación antes da partida.
"A súa misión permanente é manter un altísimo grao de operatividade e de interoperatividade entre os buques dos diferentes países, para estar en disposición de actuar ante calquera escenario en que se poida producir unha crise que afecte á seguridade", resumiu.
Unha fragata moderna
Activa desde 2004, con 147 metros de eslora e case 20 de manga, a Blas de Lezo é unha das máis modernas da Armada española. Fará escala na base naval de Rota, en Cádiz, onde se incorporarán máis tripulantes e unidades áereas. Calculan estar na zona dentro de 5 ou 6 días.