Enlaces accesibilidad
Música

Ses: "Ao galego quédanlle 30 anos de vida porque os nenos no o falan, e unha lingua que non falan os nenos, morre"

  • Janis Joplin foi a quen primeiro que escoitou en disco, pero tamén o fixo cos sons máis diversos
  • Traballa no oitavo album, mentres prepara xira por Latinoamérica, a onde vai "esperanzada"

Por
Conversa con Ses

María Xosé Silvar, Ses, escolle entre moitos discos da estantería o primeiro que escoitou na súa vida, de Janis Joplin. Pero alí tamén están outros cos que medrou, de Atahualpa Yupanqui, Nana Mouskuri e ata de Manolo Escobar.

O resultado dun consumo ecléctico é ecléctico, pero eu son moi galega

E di que non renega de ningún deles. O resultado ten que ser pola forza unha mistura de sons e de estilos, como a súa.

"A realidade que conforma una persoa que non renega de si mesma sempre é complexa, e o resultado dun consumo ecléctico é ecléctico, pero eu son moi galega.

A lingua

Desde esa profunda galeguidade, e máis aló de fenómenos puntuais coma o das Tanxugueiras, Ses, tamén filóloga de formación universitaria, non é optimista sobre o futuro da nosa cultura e o idioma.

Un idioma non ten futuro por unha explosión mediática

“Considerar que unha música, e menos un idioma, ten futuro por unha exploxión mediática é, atendendo á Historia, un erro garrafal ou unha inxenuídade dun neno de cinco anos.

Ao galego quédanlle 30 anos de vida, como lingua vehicular. Os nenos non o falan e unha lingua que non a falan os neno, morre".

Xira por Latinoamérica

Á hora de facer cancións, enxalza a mensaxe por riba da melodía, e por iso di que vai feliz a Latinoamerica, porque é unha sociedade, asegura, máis disposta a escoitar o discurso dentro da música.

Véxome máis en liña con sociedades conscientes de que segue facendo falta romper os muros de clase

Vou a intentar que me escoiten, pero vou con máis esperanzas que en Europa. Véxome máis en liña con sociedades que son conscientes de que segue existindo a clase e que segue facendo falta romper eses muros de clase, ca unha sociedade que tragou a mentira da sociedade do benestar e da meritocracia", reflexiona como a antropóloga que tamén é.