Enlaces accesibilidad
Naufraxio en Terranova

A volta máis triste dos que quedan do 'Pitanxo'

  • Os superviventes e os restos de cinco dos falecidos recuperados están xa en Galicia
  • Os familiares reclaman que se faga todo o posible para atopar os corpos dos desaparecidos

Por
A volta máis triste dos que quedan do 'Pitanxo'

Terranova, Canadá, sete da tarde hora española. Con retraso polas trabas burocráticas da repatriación, o avión militar fretado polo Goberno por fin engalaba. A bordo, os tres superviventes do Villa de Pitanxo e os corpos dos cinco tripulantes recuperados das augas.

Cinco horas máis tarde, ás doce en punto da noite, no aeroporto de Santiago se escoitaba, entre unha intensa néboa, o ruxir dos motores. Os homes do Pitanxo regresaban á casa.

A pé de pista, as familias, tras moitos días de angustia e con sentimentos confrontados.

Doce tripulantes seguen desaparecidos

A ledicia dos que por fin podían abrazar aos que salvaron a vida, a desolación dos que vían descender do avión os restos dos seus achegados, e a inquedanza e o desacougo dos que aínda teñen os seus seres queridos desaparecidos nas augas de Terranova.

Que se activen todos los barcos que pescan o transitan. Que se solicite al servicio de salvamento canadiense que salgan sus aeronaves

María José de Pazo, actuando como portavoz das familias dos tripulantes desaparecidos, pedía “que se activen todos los barcos que pescan o transitan. Que se solicite al servicio de salvamento canadiense que salgan sus aeronaves en modo de reconocimiento. Se le habló de barcos supply o de robots que se pueden sumergir hasta más de tres mil metros de profundidad. Fragatas F-100 y los demás medios que nosotros desconocemos y que ellos puedan tener en España, que se tienen, para poner ya en marcha”.

Eran as peticións que lle trasladaban ao presidente do Goberno, desprazado onte ata o aeroporto para recibir os mariñeiros do Pitanxo e reunirse coas familias.

Sánchez comprométese a retomar a busca

En compaña do ministro de Pesca e do presidente da Xunta, Pedro Sánchez amosáballes o firme compromiso do Goberno de retomar esas buscas cando sexa posible.

Vamos a darle un voto de confianza, un tiempo”, di María José de Pazo. “Le advertimos que íbamos a estar vigilantes”.

As familias dos 12 desaparecidos seguirán loitando sen descanso por atopalos. Outros seguirán chorando, sen descanso, a morte dos naufragados..., e outros, os máis afortunados, seguirán dando apertas aos que sobreviviron, e de seguro, tamén o farán sen descanso.