O 85 % das persoas con enfermidades mentais están no paro
- A OMS prevé que unha de cada catro persoas vai padecer un trastorno psiquiátrico importante na súa vida
- A maioría da sociedade descoñece este colectivo, afectado por un forte estigma social
David estudaba Económicas e tivo que deixar a universidade no seu día porque enfermou de esquizofrenia. Dende hai trece anos varre as rúas do concello de Cambre, grazas ao traballo que conseguíu a través dun centro especial de emprego.
“Pasei de estar perdidiño a ter unha vida social e individual moito mellor“
Di satisfeito que para el é "unha milagre feita realidade. Non é broma, é unha milagre, porque pasei de estar perdidiño a ter unha vida social e individual moitísimo mellor"
Sofía ten discapacidade intelectual e tamén é varredora, traballo que conseguí no mesmo centro especial de emprego. Leva dezaoito anos cotizados, traballa en horario de mañá e o seu salario supera os 1.000 euros.
“Dependo do meu diñeiro, compro o que quero e fago o que quero. Son feliz traballando“
Síntese realizada co que consegue."Eu dependo do meu diñeiro, compro o que quero e fago o que quero. Son feliz traballando porque teño o meu diñeiro para defenderme no día de hoxe, e coa discapacidade que eu teño, máis aínda."
Estigma social
As persoas que padecen unha enfermidade mental compoñen un colectivo descoñecido para a maioría da sociedade e sobre el recae un forte estigma. O ter traballo axúdalles a normalizar as sús vidas, para eles mesmos e ante os demáis.
“Co traballo, a persoa síntese útil, síntese parte de algo e de que ten certo control sobre a súa vida“
Explícao Txema Iparraguirre, psicólogo de APEM, Asociación Pro Enfermos Mentais. "Co traballo, a persoa síntese útil, síntese parte de algo e de que ten certo control sobre a súa vida. Eso é determinante para unha persoa con enfermidade mental e para calquer outra. "
Ás persoas con discapacidade intelectual que atoparon traballo a través deste centro especial e levan anos de xardineiros na Coruña e concellos da volta vense especialmente afortunados por estaren empregados entre plantas e árbores.