Enlaces accesibilidad

Ucraínos e rusos en Galicia: a guerra aviva conflitos nos grupos que ata agora compartían

Por
Ucraínos e rusos en Galicia

Espertoume meu marido, a berros… Marina, Marina! Mira as noticias, mira o que está pasando, xa comezou a guerra!!…”

Con ese sobresalto amenceu onte Marina Bakhtina, presidenta da Asociación de Eslavos en Galicia. Ela é rusa, leva dez anos aquí e asegura que rusos e ucraínos foron sempre unha piña, pero que agora o conflito está a xerar división entre eles".

Claro que ningún quere a guerra, pero eles bótannos a culpa aos rusos

Temos grupos de móbil e os ucraínos están a saírse ou a falar de política… Non é que pelexemos, pero si estamos a distanciarnos un pouco. Claro que ningún quere a guerra, pero eles bótannos a culpa aos rusos. Ogallá esto remate coas menos vítimas posible,” relata antes de que comecen a escapárselle as bágoas.

Tamén é rusa Larysa Hanchencova. Chegou a España en 2003 e hoxe rexenta una floraría na Coruña. Defende ao seu presidente Vladimir Putin e logo de vivir en Ucraína, considera que hai que ter en conta todos os puntos de vista.

Non se pode perseguir a alguén por falar outro idioma, e en Ucraína poden multarte se falas ruso

“Teño os meus fillos vivindo en Crimea, eu entendo o lavado de cabeza, hai que parar e analizar. Non se pode perseguir a alguén por falar outro idioma, e en Ucraína poden multarte se falas ruso.”

Choro e veño a traballar

Os ucraínos ven as cousas desde outro prisma. Levan dous días pegados á televisión e aos seus móbiles, preocupados polas súas familias. Na súa perruquería da Coruña, Yuliia Havrylchyk fala cada media hora coa súa nai e ten amigos que xa foron chamados a combater. Segue atendendo aos clientes, pero faino –confesa- coa mente posta no seu país.

Levo dous días sen durmir, pendente das noticias en Internet. Choro, e veño a traballar. Non podo facer outra cousa”, conta Yuliia, visiblemente angustiada.

Marta Skyba, activista ucraína, prepara mobilizacións en Galicia. En Vigo, onde vive, organizou concentracións e vixilias contra a guerra no seu país.

Esto non é un conflicto, non é una guerra civil, é una invasión directa por parte de Rusia

“Esto non é un conflicto, non é una guerra civil, é una invasión directa por parte de Rusia. A situación non é nova, pero ninguén esperaba que Putin fora atacar con tanta forza e contra a poboación civil, un ataque directo de Rusia.”