O concello da Coruña contrata outra empresa para retirar o lixo amoreado nas rúas
- Cúmprense seis días de incidentes e sabotaxes a vehículos da concesionaria, que non dá explicacións
- Non hai constancia de ningún conflito laboral, pero o consistorio estuda sancións
Despois de seis días con incidentes e sabotaxes, o lixo amoréase cada vez máis nas rúas da Coruña. E non semellaba que houbera una solución á vista, porque non hai constancia de ningún conflito laboral, pero sí resulta evidente que o servizo non está a prestarse como debería.
Tragsa
Por iso o Concello ven de decretar a emerxencia sanitaria na cidade, que permite a contratación de urxencia da empresa pública Tragsa para que se faga cargo da recollida e estuda sancións á concesionaria por incumprimento de contrato.
Segundo a alcaldesa, Inés Rey “os coruñeses non poden ser reféns dunha situación que xa é insostible, e que pon en perigo a saúde pública".
“Os coruñeses non poden ser reféns dunha situación insostible e que pon en perigo a saúde pública“
Nos últimos días, arderon colectores e camións de recollida e os reforzos da empresa concesionaria non foron abondo. A indignación dos cidadáns medraba ao mesmo ritmo que as moreas de lixo.
Mal cheiro, mala imaxe
”O cheiro mal, a imaxe da cidade, peor. A quen lle gusta ver esta porcallada?”
“Os colectores andan cheos, cheira a merda… as gaivotas remexen, rompen bolsas e espallan o lixo”, “esto é insalubre”, son algunhas das impresións dos veciños.
A investigación sobre a autoría dos actos vandálicos segue aberta e xa identificaron a algún sospeitoso.
A Coruña demorará uns días en recuperar a imaxe de normalidade, pero o conflito do lixo semella estar máis preto de pecharse.
[