Ucraínos de Cariño organizan un centro de acollida para refuxiados do seu país
- Varios chegaron hai anos a ese concello coruñés para montar unha empresa en liña de venda de repostos de automóbil
- 40 compatriotas seus están de camiño, pero buscan como sacar a outros 150 que están en perigo
- Sigue la última hora del conflicto entre Rusia y Ucrania en directo | Cómo ayudar a víctimas y refugiados de la guerra en Ucrania
A importante comunidade de ucraínos en Cariño comezou a formarse hai 8 anos, cando a ese concello da costa norte coruñesa chegou o informático Daniel Akimov. Logo viñeron outros, tamén programadores informáticos, e crearon unha empresa de venda en liña de pezas de repostos de automóbil.
“Un lugar tranquilo, con boas infraestruturas, prezos asequibles, clima estable e rodeado de natureza“
En Cariño mercaron inmobles e rehabilitaron vivendas. De paso, contribuíron a loitar contra o despoboamento.
Aquí atoparon “un lugar tranquilo, con boas infraestruturas, prezos asequibles, clima estable, e rodeado de natureza” explica Yevhen Alianchikov, director xeral da empresa na que todos eles traballan.
Estourido da guerra
Coa guerra, que os sorprendeu a todos, intentan agora manter a empresa en pé con optimismo.
“Agora o noso proxecto en Ucraína non da ganancias, pero nós seguimos a traballar gratis“
Daniel, que tamén é director de vendas, di que “agora on noso proxecto en Ucraína non da ganancias, pero nós seguimos a traballar gratis, porque o noso sector ten gran demanda, sobre todo agora que a xente sae do país en coches e precisan repoñer ou trocar pezas”.
Ao mesmo tempo, a empresa procura acollida para os seus compatriotas que fuxen da guerra.
Nunha das casas nas que adoitan reunirse para traballar, os colchóns amoréanse polos corredores e calquera estancia serve de dormitorio, fan oco como poden para acoller os seus compatriotas. Tamén os axudan familiares, amigos e veciños.
“Buscanos como poden chegar, onde aloxalos e como poden comezar a vivir outra vez“
“Arredor de 40 persoas están de camiño cara aquí, outras 150 queren saír, pero agora non é seguro facelo e non saben como. O noso principal obxectivo agora é buscar unha solución a ver cómo poden chegar, onde poden aloxarse e cómo poden comezar a vivir outra vez”, sentencia Daniel, que pide axuda para deixar atrás este pesadelo.
Fuxindo das bombas, a Cariño xa chegou un grupo de mulleres e nenos. Estes son os que máis sofren a guerra.
“Os nosos nenos un día estaban na gardería xogando e ao día seguinte espertaron coas bombas“
“Un neno nunca está preparado para a guerra. Os nosos nenos un día estaban na gardería xogando e ao día seguinte espertaron coas bombas. Sempre son os que máis sofren”, conta Daniel, que pide axuda a quen poida ofrecela, no seguinte teléfono e correo electrónico: 634 046 386, direccion.avtopro@avto.pro