Maceda e Manzaneda teñen 29 novos veciños, mulleres e nenos fuxidos da guerra en Kíiv e Irpin
- Os bombardeos rusos en Irpin destruíron as casas de 60.000 habitantes, tamén as dos refuxiados acabados de chegar
- Algúns precisarán aloxarse con outras familias para recibiren apoio psicolóxico
- Guerra Rusia - Ucrania, sigue la última hora en directo
No castelo de Maceda están aloxadas temporalmente dúas familias de Irpin, agora unha cidade pantasma tralo bomardeo dos rusos.
Seguen ao minuto a evolución da invasión rusa, polo medo ao que lles poida pasar aos seus maridos. Perderon as súas casas, pero os seus parentes están ben. Para comunicárense aquí usan un tradutor para móbiles.
“Tratamos de distraernos, pero é imposible cando hai unha guerra“
Katya Machishin di que os seus pensamentos están constantemente ocupados no que está sucedendo en Ucraína, no que lle está a pasar aos nosos seres queridos. Tratamos de distraernos, pero é imposible cando hai unha guerra".
Unha bolsa coma equipaxe
Abandonaron o seu país co que lles cabía nunha bolsa. Agora terán que comezar unha nova vida. En canto reciban o seu carné de persoas beneficiarias de protección temporal terán acceso á sanidade pública e os menores poderán ir ao colexio.
“Moitas grazas a España pola cordial e cálida acollida“
"O máis difícil é estar lonxe dos teus seres queridos. Moitas grazas a España pola cordial e cálida acollida", agradece Katya Machishin no nome de todos.
Máis mulleres e nenos
Noutros dous aloxamentos están acollidas outras seis mulleres con sete nenos.
Todas fixeron a viaxe co mesmo convoi, pero non se coñecen. Xuntáronse por primeira vez nun xantar. O concello está á espera de recibir os informes psicolóxicos que lles fixo a Cruz Vermella para realoxalas.
O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, precisa que son necesarios para decidir "se poden estar soas, se necesitan unha familia de acollida ou mesmo outra familia deles. Non é conseguir un piso é aplaudimos. Ao mellor é un prexuízo".
Esta semana chegará un bebé coa súa nai e a avoa tras estar varios días ingresado nun hospital de Polonia. Como ten un nome moi complicado de pronunciar para referirse a el chámanlle Liberdade.