Enlaces accesibilidad

Milleiros de camioneiros colapsan o tráfico nas cidades reclamando combustibles máis baratos

  • Piden tamén xubilación aos 60 anos e o recoñecemento dalgunhas enfermidades como laborais
  • Á protesta tamén se sumaron gandeiros porque a folga impídelles que lles recollan o leite

Por
Paro no transporte

No oitavo día do paro de transportes recruaron as protestas. En Santiago centos e centos de camións foronse concentrando dende primeira hora da mañá no Polígono de Costa Vella. Dende alí saían minutos antes do mediodía para dirixirse en marcha lenta ata a cidade.

Reclamacións

Os camioneiros protestan contra a carestía dos combustibles, que é a súa principal reivindicación, pero non a única. Detállao Alfonso Illovo, da Plataforma de transportistas. " Xubilación aos 60 anos para a xente que chega o momento sen as súas capacidades físicas; recoñecer algunas enfermedades laborais, pagos a 30 días, non a 60, 90 ou 120 días".

A plaforma convocante do paro quere negociar co Goberno, pero estaría disposta a aceptar calquera compromiso que inclúa as súas reivindicacións.

Tractores

Pero non só participaron camións, tamén tractores agrícolas e forestais en apoio dos transportistas do sector e coas súas propias reivindicacións.

Non recollen o leite e pides penso para os animais e non cho subministran

O gandeiro da Baña Santiago Vieito láiase de que "non recollen o leite e, aparte, pides penso para os animais e non cho subministran porque non teñen produto para fabricalo."

En apoio dos gandeiros fala o transportista de gando Iván Henríquez. "Nós o que estamos é sobre os gandeiros, e non está a cousa coma para repercutirlles unha suba."

A protesta dos camioneiros está servindo de bandeirín de engancha para outros colectivos tamén moi afectados polo encarecemento dos combustibles, coma as furgonetas do reparto, que tamén se sumaron á marcha lenta.

Nós no mundo da paquetería pagamos o gasóleo coma todo o publico

Eles non teñen ningunha bonificación no combustible. "Nós no mundo da paquetería pagamos o gasóleo coma todo o publico. Non estamos subvencionados e os custes son insostibles. Non podemos agardar ao día 29 de marzo, porque moitos xa non aguantarán máis días ", quéixase Marcos Triñanes.

Vehículos e participantes participaron equipados cos chalecos e distintivos de cor verde coa que queren identicar a súa protesta.