'Rapa', serie policial rodada entre Ferrol e Cedeira que ficciona o asasinato da alcaldesa de Cedeira
- Dirixida por Jorge Coira e con parte galega no equipo técnico e actoral, estréase no Festival de Málaga
- O director busca repetir o éxito que obtivo con ´Hierro´ e reforzar o bo momento que vive o xénero negro en Galicia
De Rapa, que se estrea no Festival de Málaga, asistiramos á rodaxe en Cedeira, unha serie de intriga sobre un crime sen resolver, o da alcaldesa desta vila da Coruña.
O director Jorge Coira plantéxaa como unha alcaldesa con moitos anos gobernando, pero "detrás dese asasinato van aparecendo historias ocultas, historias con moita mochila detrás".
A alcaldesa é interpretada por Mabel Rivera. "Unha muller que ten moita presenza ao longo de toda a serie, pero en ausencia".
Galicia no xénero negro
Efémero personaxe, o da rexedora, nun momento de esplendor do xénero feito en Galicia. Mabel Rivera destaca que "En Galicia hai cantidade de temas que desvelar, que aínda non se tocaron, moitas veces creo que por medo das propias televisións".
“Galicia ten unhas posibiliades monumentais, é un regalazo poder volver á casa“
Jorge Coira tamén fala desa oportunidade. "Galicia ten unhas posibiliades monumentais e nós, que tiveramos a experiencia de contar unha historia de cine negro nunha illa como é El Hierro, era un regalazo poder volver á casa e facelo desde a casa".
Cedeira coma plató
Moitos veciños axudan satisfeitos como figurantes a construír a Cedeira da ficción. Así o recoñece unha parella de mozos do lugar. "Ese ambiente de toda a vida, onde o meu pai foi mariñeiro, que veñamos a facer escenas do mar é xenial".
Xunta a eles, recoñecidos actores galegos. Algún non é a primeira vez que traba no porto da vila, aínda que a vez anterior non foi para o cine.
“A primeira vez que traballei en Cedeira vin cargar eucaliptos, e agora veño facer unha película¡“
"A primeira vez que traballei en Cedeira foi de mariñeiro, na mariña mercante, vin cargar eucaliptos¡ E agora veño facer unha película¡ As dúas veces, con moita ilusión", ri César Cambeiro.
As localizacións entre Ferrol e Cedeira e a rapa das bestas conforman o escenario, unha paisaxe que impresinou á tamén directora do thriller, Elena Trapé.
“A mí el paisaje me impactó muchísimo. Estaba en los sitios y decía: esto es increíble¡“
"A mí el paisaje me impactó muchísimo. Era muy gracioso, porque iba localizando con el equipo gallego, estaba en los sitios y decía: esto es increíble¡ Y veía que los otros estaban tal cual, porque ya estáis acostumbrados. Sabemos que Galicia es preciosa".
Mónica López e Javier Cámara son os protagonistas desta ficción de seis capítulos que se verá en toda España próximamente