Colas nas gasolineiras galegas da raia, nas que os portugueses poden aforrar ata 50 céntimos por litro
- O primeiro dia de desconto de 20 céntimos provoca aglomeracións nalgunhas estacións
- No outro lado, as instalacións están baleiras á espera de bonificacións
Hoxe entrou en vigor o desconto de 20 centimos en cada litro de combustible que repostemos, ata o 30 de xuño. Unha medida que busca pór freo á suba histórica dos carburantes.
“Veño co coche na reserva, para aproveitarme do desconto dos 20 céntimos“
"Veño co coche na reserva, para aproveitarme do desconto dos 20 céntimos", di unha muller nunha estación de servizo de Tui.
As estacións das grandes compañías (Repsol, Cepsa e BP) ofrecen o combustible máis barato cás pequenas gasolineiras e mesmo compiten coas de baixo prezo. Repostar nelas para os portugueses supón un aforro medio de ata 50 céntimos por litro.
““Aquí baixaron algo e decidín vir outra vez”“
Por iso, nas gasolineiras de Tui as colas fórmanse cos clientes habituais dos galegos e dos portugueses que xa repostaban nesta beira do río antes do desconto.
Na outra beira
No outro lado da raia as instalacións están baleiras, á espera de que o goberno portugués aplique unha rebaixa impositiva. Os transportistas teñen un desconto de entre 20 e 30 céntimos, segundo tonelaxe, pero aínda así non lles compensa.
“Eu gasto 400 euros ao día. Para o gasóleo compénsame moito vir aquí”, di o propietario dun camión de pequeno porte.
Anos atrás eran os galegos da raia os que enchían o depósito en Portugal porque o gasóleo estaba subvencionado.