Enlaces accesibilidad

Sete xogadoras ucraínas de voleibol están acollidas polo club Emevé de Lugo, que lles dá manutención e aloxamento

  • Intermediou unha ONG e unha representante de xogadoras
  • "A xente é moi acolledora, gústame a cidade, como a miña Ivano-Frankivsk, que tamén é pequena”

Por
Solidariedade e voleibol

O histórico club de voleibol Emevé acolleunas por intermediación dunha ONG e dunha representante de xogadoras. Xogaban a este deporte en Ucraína e tras unha longa viaxe séntense agora máis seguras lonxe da guerra e moi agradecidas pola acollida en Lugo. Aquí adestran co Emevé e reciben manutención e aloxamento.

É unha alegría para min como ser humano e supoño que para todo o mundo, pero sobre todo un orgullo para o club

A presidenta do Arenal Emeve, Bibí Bouza, síntese orgullosa. "É unha alegría para min como ser humano e supoño que para todo o mundo, pero sobre todo un orgullo para o club. Ter a capacidade de poder facer esto, co apoio do concello de Lugo que, tamén, en canto lles plantexamos o proxecto en seguida dixeron que si.”

Lugo

Todas louban a cidade. Para Ksenia Zueva, "É moi bonita. Gústame o sol. E toda a xente nesta cidade é moi amigable".

Esta cidade gústame, como a miña Ivano-Frankivsk, que tamén é pequena

Tamén o equipo. “No Emevé hai moi boa xente, moi acolledora. Esta cidade gústame, como a miña Ivano-Frankivsk, que tamén é pequena". Para Marta Fedyk

Escolarización

O Emevé tamén se ocupou da escolarización das máis pequenas. A nai de tres delas agarda que o pesadelo da guerra acabe canto antes para poder ver o resto da familia e amigos.

“Esperamos ter paz no noso futuro moito, moito", di Nataliïa Fedyk.

A linguaxe do deporte axúdalles a integrarse en Lugo, lonxe da guerra.