Enlaces accesibilidad

Un carné QR identifica as persoas autorizadas a alimentar os gatos das rúas de Pontevedra

  • É a fórmula ideada polo concello para atender o milleiro de felinos que viven en colonias, aos que está prohibido dar de comer
  • Cóidanos medio cento de voluntarios, que contribúen así a evitar problemas sanitarios

Por
Carné para coidadores de gatos de rúa

Unha das 103 colonias de gatos de Pontevedra recibe, como cada día, a visita de Susana, voluntaria de Difusión Felina, asociación que coida destes animais da rúa. Ela é parte do medio cento de veciños que voluntariamente se encargan de alimentar e atender os gatos, ás veces atropelados ou feridos.

Moitas veces bótanlle restos da comida que o gato non sempre o come e resulta un foco de infección

O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, advirte sobre as consecuencias do bo xesto. "A boa vontade da cidadanía está aí pero ás veces hai que saber canalizala, porque moitas veces bótanlle restos da comida que nós consumimos. Iso o gato non sempre o come, co cal é un foco de infección é para as ratas".

Control da policia local

Por iso aqui os voluntarios teñen unha tarxeta que os acredita ante a policía local coma coidadores autorizados.

"Por normativa está prohibido alimentar aos animais na rúa, a non ser que teñas autorización municipal. O axente comprobará se esa persoa está autorizada ou non. É unha maneira de comprobar que cumprimos coa lei e de controlarnos todos."

Hai xente que nos chama chorando dicindo que lle botaron auga a ferver por darlle de comer a unha colonia

A voluntaria Susana cita os obstáculos aos que se enfrontan. "Grazas aos carnés podemos axudar a eses animais. Hai moita xente que nos chama chorando dicindo que lle botaron auga a ferver por darlle de comer a unha colonia. Por favor! Iso non pode ser. Que saiban que están apoiados polo concello. E que os gatos son una bendición como calquera animal. "

Doazóns

Grazas ás doazóns poden mercar alimento. Precisan uns 100 gramos de penso ao día e leite para as camadas.

Susana detalla as necesidades. "Precisamos ter o da castración e, se chegamos tarde, poder ter a eses gatiños ben alimentados, ben coidados. Tamén casas de acollida, necesitamos moitas casas de acollida".