Enlaces accesibilidad

A piscina de Pontevedra estrea un dispositivo intelixente para controlar os adestramentos de cada nadador

  • Instalado no gorro ou nos lentes, monitoriza a distancia percorrida, a velocidade e os descansos
  • Dotado dun sistema de alerta, tamén permite evitar afogamentos, sobre todo dos principiantes

Por
Nadadores interconectados

Saes do vestiario e vinculas a pulseira, tes que sincronizar para que che apareza na pantalla

É un pequeno dispositivo que complementa a aplicación que xa tiñan os sete mil usuarios da piscina municipal de Pontevedra para reservar clases ou facer o seguemento dos seus adestramentos. A monitora Alba Ledo explica como se activa. "Saes do vestiario e vinculas a pulseira. Tes que sincronizar para que che apareza na pantalla, e xa comezas a nadar".

Socorristas

Se ese tag está mais de 30 segundos debaixo da auga, manda un sinal ao socorrista

A coordinadora da piscina, Rebeca González, abonda nas vantaxes do dispositivo. "Ten una dobre capa de seguridade que axuda ao socorrista en caso de afogamento. Se ese tag está mais de 30 segundos debaixo da auga, manda un sinal ao socorrista, que detecta en que piscina está o problema para poder actuar ".

Máis seguridade tamén para os nenos, máis de un milleiro que utilizan as piscinas.

APP

Pero ademáis, o sistema permite controlar os metros percorridos, a velocidade e os tempos de natación e descanso.

Explícao Roberto Ramos, CEO do grupo BeOne. "Todo esto lo reciben a través de la App de BeOne, en su móvil o pc para tener toda la información de lo realizado, con lo cual creemos que es un salto cualitativo."

Por outro lado, axuda nas clases colectivas, como explica o monitor Alfonso Gondar. "Con todo tipo de persoas, para controlar os metros que percorren e o o nivel de motivación."

O sistema, que se irá optimizando nos vindeiros meses, será de balde para todos os abonados.