Enlaces accesibilidad

Acoso escolar: súfreno un de cada cinco nenos galegos

  • As agresións a través do móbil e das redes sociais non paran de medrar
  • Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar axiña os sinais nas vítimas

Por
Acoso escolar

No Día Mundial contra o acoso escolar, un de cada cinco nenos galegos recoñece diante dos pais que nalgún momento foi vítima.

Sinais

Foino o músico pontevedrés Javier Lago, que volveu ao instituto no que estudou, desta vez para gravar un vídeo musical como revulsivo contra o maltrato. Nese centro educativo Javier sufríu acoso e o vídeo significa unha liberación a partir da que comezar a sandar. O illamento é un dos sinais do acoso escolar, e por iso a canción fala dos que bailan sós.

A psicóloga especializada en menores Inma Araujo, na asociación Alborada de Vigo, dá as claves para detectar o acoso escolar a través dos indicios que mostran as vítimas. "Un illamento, unha apatía, unha desmotivación, unha tristeza, estar irritable... "

Cando notas que é moi continuo no tempo é cando un pode sospeitar que está pasando algo

A propia condición de adolescentes complica a detección do problema. Pero "cando notas que é moi continuo no tempo, que non hai altibaixos se non que é lineal, é cando un pode sospeitar que aqui está pasando algo".

E se hai sospeitas, esta experta recomenda aos pais que mostren interese polo estado anímico dos menore e os apoien.

Actuación

"Máis que cun interrogatorio de cóntame!!, [hai que ] facer unha aproximación con ´estoute entendendo, sei o que che pode estar pasando, creo o que me estás a contar".

Un de cada catro casos de acoso nas aulas trasládase ás redes .Son novas canles para incrementar o dano psicolóxico. A solución comeza por denunciar.

Non é ser un chivato. Non debe haber unha lei de silencio ao respecto

O inspector da Brigada de Seguridade cidadá da Coruña, Alberto Arias Álvarez, propón que o entorno da vítima se enfronte aos agresores, xa sexa actuando ou denunciando ante os profesores ou a familia. "Non é ser un chivato. Non debe haber unha lei de silencio ao respecto. Hai que falar de soliedariedade, e solidariedade ás veces é poñerse do lado do que sufre."

Os expertos recomendan crear lazos de confianza e comunicación dende a infancia para entender os sinais que lanzan as vítimas.