O ourensán Rodrígo Vázquez estréase coma presentador de 'El cazador', o programa concurso das tardes en TVE
- Substitúe a Ion Aramendi tras a marcha deste
- Vázquez gañou tres Mestre Mateo como mellor comunicador
Rodrigo Vázquez (Ourense, 1987) é xornalista e dende hai 14 anos exercía o seu labor na TVG, primeiro en informativos (deportes e sector agrario) e logo en programas.
A súa naturalidade foi recoñecida con galardóns en Galicia (tres veces gañou o Mestre Mateo ao mellor comunicador) e agora traspasa fronteiras. Ante a vacante deixada na presentación de ´El cazador´ pola marcha do vasco Ion Aramendi a Mediaset, a produtora barallou varios candidatos para este concurso de cultura xeral, de preguntas e respostas. Rodrigo foi o elixido.
Na Coruña
Ourensán residente na Coruña, agora desprazado a Madrid, Rodrigo Vázquez deixa cousas importantes atrás.
“Isto vouno estrañar bastante, sair á fiestra e tomar o café da mañá vendo un pouquiño de Riazor ao fondo“
"Isto vouno estrañar bastante, sair á fiestra e tomar o café da mañá vendo un pouquiño de Riazor ao fondo, do Orzán...vouno botar de menos. O que si, estanme recibindo cun toque moi galego, porque está chovendo demasiado estas semanas, a ver se é por min. Os de Meteogalicia dalá xa están coa broma".
Un bo presentador
"Como diría meu pai, ´como todo na vida, hai que ser boa persoa´. Intentar, nesto da Comunicación, non estorbar demasiado, non pisarlle o cable ao técnico, non tocarlle moito no micro e demostrar o que sabes facer. Para ser presentador, o que tes que intentar é facer que todo o que tes arredor sexa moito mellor, non?", responde Rodrigo cando se lle pregunta que hai que facer para ser un bo presentador.
“Para ser presentador, o que tes que intentar é facer que todo o que tes arredor sexa moito mellor“
´El cazador´ é un programa consolidado na grella de TVE, con dous anos e medio en antena, que se emite nas tardes de La 1.