Enlaces accesibilidad

50 anos do concerto de José Afonso en Santiago, onde estreou 'Grândola, Vila Morena'

  • A canción foi o himno da "Revolución dos Caraveis", que derrocou a ditadura portuguesa, en 1974
  • A universidade compostelá conmemora aquela actuación mítica, en pleno franquismo

Por
Concerto de Zeca Afonso en Santiago, hai 50 anos

O concerto e a canción marcou a toda unha xeración de estudantes do Santiago dos anos setenta.

Era unha pequena colectividade popular onde había uns compañeiros que facían un traballo político e cultural importante

José Afonso compúxoa cunha idea moi sinxela sobre a vila de Gândola, no Alentejo.“Era unha pequena colectividade popular onde había uns compañeiros que facían un traballo político e cultural importante, pero sen xefes, sen dirixentes, cun gran sentido de responsabilidade colectiva”, dicía José Afonso en 1984 a TVE.

Galicia

Antes de cantar en Portugal, cantei Grândola case coma un experimento en Vigo, en Santiago

A historia desta canción, que foi o sinal para derrubar a ditadura portuguesa, pasa por Galicia dous anos antes. “Antes de cantar en Portugal, cantei Grândola case coma un experimento en Vigo, en Santiago, e tamén en Mieres, en temos do franquismo”.

Para conmemorar esa primeira interpretación en Santiago, da que hoxe fai medio século, a Facultade de Filoloxía acolle un coloquio e varias actuacións musicais, que veñen a reforzar o histórico vencello do cantautor portugués con Galicia.

Tamén se lembra o movemento estudantil antifranquista que trouxo a Santiago a José Afonso en 1972.