Enlaces accesibilidad

Jaime Chávarri ultima en Ourense a rodaxe de 'A mazá de Ouro', que será seu testamento cinematográfico

  • Volve rodar tras un parón de dezasete anos e aos seus case 80 será a súa derradeira película
  • Un pazo ourensán e a conexión co AVE de Ourense a Madrid fan posible a película

Por
O regreso ao cine de Jaime Chávarri

O cineasta madrileño, Jaime Chávarri, retorna ao cine para rodar nun pazo de Ourense a que será a súa derradeira película, unha comedia negra coral sobre o mundo literario na que traballan varios actores e actrices galegas.

Adaptación de Aramburu

É unha película sobre artistas, un mundo excéntrico no que os personaxes poden facer cousas que non farían os das películas correntes

Chávarri non dirixía unha longametraxe dende hai dezasete anos. Aceptou o reto de adaptar ao cine a novela de Fernando Aramburu 'Ávidas pretensiones' porque os personaxes son moi distintos aos do cine actual.

"É unha película sobre artistas. É un mundo divertido e excéntrico no que os personaxes poden facer cousas que non farían os personaxes normais das películas correntes", sinala o director.

Trixésima terceira película

A súa vixésimo terceira película titúlase 'A mazá de ouro', o premio de poesía ao que aspiran 13 escritores de diferentes xeracións que asisten a un congreso nun convento. Os personaxes de Sergi López e Marta Nieto teñen algo máis de protagonismo. Ambos están moi satisfeitos cos seus personaxes.

Cando tes a sorte de ter un guión moi ben escrito, todo é máis doado

"Eu fixen coma sempre o menos posible. Eu canto menos traballe, mellor. É dicir, cando tes a sorte de ter un guión moi ben escrito, cando está bien escrito todo é máis doado", apunta Sergi López.

"Había tempo que non encarnaba unha muller desde este sitio non..feminista e relaxada cos seus problemas, as súas sus inseguridades e as súas dúbidas", engade Marta Nieto.

Entre o elenco hai catro actores e actrices de Galicia. Elena Seijo interpreta á nai superiora do convento que organiza e patrocina o congreso de poetas. "O personaxe ten un perecorrido bonito na película.Vésenlle matices, vésenlle cores", di satisfeita.

O ourensán Abelo Valis encarna a un rapeiro poeta que ten o cometido de modernizar o encontro. É o seu primeiro papel con texto nunha película. "Conectei moito co personaxe porque en moitas partes sentinme identificado con el, non me quedaba un personaxe como lonxano, que digas 'non entendo este personaxe, teño que investigalo".

Pazo e AVE

Estou contenta porque son todos moi coidadosos e ademáis dá prestixio ao pazo

O convento no que se desenvolve a historia é un pazo do século XV situado a dez quilómetros de Ourense. A maioría das escenas da película estanse a rodar tanto nos xardíns como no interior. A dona do Pazo de Bentraces, Ángeles Peñamaría, amósase satisfeita. "Estou contenta porque son todos moi coidadosos e ademáis dá prestixio ao pazo".

Nunca fariamos a película senón atopásemos este pazo. Tíñamos o 98 por cento dos decorados aquí coma se fose un plató

Para o director, o pazo é fundamental no emprazamento da película. "Nunca fariamos a película senón atopásemos este pazo. Tíñamos o 98 por cento dos decorados aquí coma se fose un plató".

E tampouco se podería rodar en Ourense se non fose porque dende hai case medio ano Madrid e a cidade están comunicadas por AVE.

Ter en dúas horas aquí os actores e poder ir e vir no día foi fundamental, senón non se podería facer a película en Galicia

"Ter en dúas horas aquí os actores e poder ir e vir no día incluso foi fundamental, senón non se podería facer a película en Galicia", asegur o produtor Xosé Zapata.

A longametraxe conta co patrocinio da Deputación de Ourense, polo que é posible que a súa estrea se produza no festival de cine da cidade.