Enlaces accesibilidad

12.600 estudantes apuran as horas preparando os exames ABAU para estudar na Universidade

  • Para a maioría o reto é superar a nota de corte da carreira elixida, cada vez máis elevada
  • Lucía Chazo obtivo en 2021 un 13.96 sobre 14, a mellor nota entre os estudantes galegos

Por
Preparando a ABAU

Mañá comeza a ABAU máis próxima á normalidade tras a pandemia. Non hai que levar máscara a redúcese a distancia de seguridade.

Bibliotecas, segundo fogar

Difícil atopar un oco libre na biblioteca, o segundo fogar estes días para moitos mozos.

Estou durmindo pouco e estudando moito

"Estou durmindo pouco e estudando moito", resume un o estado de ánimo de case todo o alumnado nas horas previas ás probas. "A que máis medo nos da a todos é Historia de España", "A que mais me custa é Lengua e Inglés ".

Agora o que estou pensando é no xoves, cando acabe todo e ir de festa a Pontevedra

Á espera de saber as notas, o esforzo destes días agardan velo compensado tan pronto acabadas as probas. "Agora o que estou pensando é no xoves, cando acabe todo e ir de festa a Pontevedra", di un dos tantos alumnos cansos de estudar.

Nota de corte

O ano pasado aprobaron o 94 por cento dos alumnos. Así que para a maioría o reto é superar a nota de corte da carreira elixida.

"Vou facer Dereito e necesito un 9 e algo", di un. Outro escollerá carreira segundo as notas que saque. "Para min o importante sería aprobar e despois ver en que podo entrar".

O alumno pode presentarse cunha asignatura suspensa, a principal novidade desta convocatoria.

13.96 sobre 14

Lucía Chazo foi o ano pasado a nota máis alta de Galicia, un 13.16. Aínda hoxe lembra que se sorprendeu de sacar unhas notas tan altas. Cando chegaron pensei que se equivocaran, que non eran as miñas

"Cando chegaron pensei que se equivocaran, que non eran as miñas, porque pensaba sacar boa nota pero non tan boa".

Explica como fixo. "Centreime moito en levalo ben estudado durante todo o curso. Logo ao final, no mes previo repasar, repasar o que levaba peor e nada máis".

Estudante de Xornalismo, di que para ela a ABAU só vai asociada a bos recordos.

Gustaríame poder volver a eses tres días, porque o pasei moi ben coas miñas amigas, compartindo nervios

"Gustaríame poder volver a eses tres días, porque o pasei moi ben coas miñas amigas, compartindo nervios...Ao final, é algo que só se vive una vez e visto con perspectica, conservo eses días con moito cariño"