Enlaces accesibilidad

A Terraza, un dos edificios emblemáticos da Coruña e sede de RTVE, fai 100 anos

Levantado no paseo dos xardíns de Méndez Núñez, substitúe a outro feito de madeira, agora en Sada

Foi salón de baile, cine, sede da MGM, do Deportivo, de Falange e de Radio Juventud

Por
100 anos da Terraza

Felices anos 20

Acabo de nacer, a cabalo entre o Modernismo e o Eclecticismo. Así me pariron meus pais, os arquitectos Antonio de Mesa e Pedro Mariño.

O meu carón, o Kiosco Alfonso e o Hotel Atlantic, os tres xuntos conformabamos un elegante paseo ao estilo da Belle Époque.

Era 1922, o ano do ascenso ao poder de Stalin e de Mussolini, no que Pio XI era elixido Papa, mentres España vivía os últimos anos baixo o reinado de Alfonso XIII.

Un período de prosperidade economica, os felices anos 20.E nese contexto, os meus primeiros propietarios pensaron en min coma punto de encontro daquela alegre sociedade coruñesa da época.

Era o edificio máis suntuoso e máis grande dos que había nesta zona, que xa entón era unha zona recreativa

Así o lembra Pedro Feal, descendente dos primeiros propietarios da Terraza: “Era o edificio máis suntuoso e máis grande dos que había nesta zona, que xa entón era unha zona recreativa. E foi un polo de atracción para a sociedade coruñesa. Facíanse banquetes, reunións, concertos, había cine...”

Naqueles anos de fulgor, tamén alberguei as oficinas da Metro Goldwyn Mayer e ata a sede do Deportivo da Coruña.

Declive

Entón estoupou a Guerra Civil e con ela comezou o meu declive. Sufrín bombardeos e nos primeiros anos da postguerra pechou o cine.

Xa nada era alegre, decaín como lugar de esparcemento e diversion, os problemas económicos ameazaban os meus propietarios e pasei a mans da Falanxe, que ubicou aquí a súa organizacion xuvenil.

O edificio era lamentable, había pintadas, daba unha sensación un tanto 'underground'

Transcorreron as décadas e entrados os anos 60 o meu deterioro era evidente. Por aquel entón, xa emitían desde aquí, case entre cascallos, os traballadores de Radio Juventud, despois Radio Cadena Española, como lembra noso histórico excompañeiro de RNE Antón Luaces:

Os propios compañeiros pintamos o edificio por dentro, armámonos con material

“O edificio era lamentable, había pintadas, daba unha sensación un tanto underground. Entrabas e era impresionante, min dábame vergoña. Pero non só aguantamos, senón que os propios compañeiros chegamos a pintar o edificio por dentro, armámonos con material e pintamos por dentro os estudios.”

Rehabilitación

A principios dos oitenta rematou a concesion inicial e volvín ser propiedade do Concello. Á fronte estaba o histórico alcalde Francisco Vázquez, que contactou con Alfonso Guerra e con José María Calviño, daquela director de RTVE.

Manter na Coruña a cabeceira de RNE en Galicia, que corría risco de trasladarse a Santiago, e instalar a delegación de TVE

O edificio foi rehabilitado e Vázquez lembra que o cedeu a RTVE poñendo dúas condicións: “Manter na Coruña a cabeceira de RNE en Galicia, que corría risco de ser trasladada a Santiago e instalar na Terraza unh delegación de TVE”.

Así foi como recuperei o meu vello explendor, converténdome na casa da Radio e a Televisión públicas.

A Terraza de Sada