Enlaces accesibilidad

20 anos do Parque Nacional das Illas Atlánticas: a Xunta mellorará a biodiversidade e as infraestruturas e servizos

Este ano e o próximo investirá 6 millóns de euros en reforzar un dos principais reclamos turísticos de Galicia

  • Aumenta o control de acceso para manter o PN como referente para a investigación e conservación

Por
Parque das Illas Atlánticas

“Xa o ves a simple vista, é precioso e está superben conservado”, “tranquilidade”, “superbonita”.

Son as impresións dos visitantes da illa de Ons, a barreira natural que protexe a Ría de Pontevedra e que dende 2002 forma parte das illas Atlánticas, o único parque nacional de Galicia.

Grupo selecto

Pertencer a es selecto grupo do que só forman parte outros 15 espazos do territorio español, implicou máis protección para os ecosistemas e máis control para os usos do parque.

Para evitar episodios de saturación como os que se produciron hai anos, o parque ten establecida unha cota diaria de visitantes de 1.800 en Cíes, 1.250 aquí en Ons e 250 nas illas de Sálvora e Cortegada.

“Temos un parque nacional, a xente vén de fóra a velo, eu por exemplo, non son de aquí da zona... E hai que coidalo se queremos seguir manténdoo", di outro dos visitantes.

O ano pasado, aínda en plena pandemia, visitaron o parque case 460.000 persoas.

“Ata finais de maio ou xuño as illas estiveron pechadas por todas as limitacións que houbo. Agora levamos eses meses de vantaxe respecto a outros anos”, apunta Ana Vilas, guía no Parque Nacional.

Actuacións

Realizáronse tamén actuacións para protexer as colonias de corvos mariños e de gaivota ou medidas para retirar especies invasoras.

Fixemos moitas cousas, pero queda moito. O que si fixemos foi poñer o parque nacional enriba da mesa

“Fixemos moitas cousas, pero queda moito por facer. O que si fixemos foi poñer o parque nacional enriba da mesa. Xa é coñecido en moitos sitios, é un referente. Tamén é un referente para a investigación, de conservación, e tamén é un referente turístico”, sinala José Antonio Fernández, director do Parque Nacional.

No cámping hai que pagar. Vén xente máis seleccionada, antes viña máis xente que agora

Julio Reiriz é un dos 78 veciños de Ons ata os anos 70. Contrasta as condicións de antes coas de agora. “Agora está todo acondicionado. No cámping hai que pagar. Vén xente máis seleccionada, antes viña máis que agora.”

Este pequeno paraíso aspira a ser exemplo de turismo sostible.