As tres eurocidades do Miño estrean un servizo de bicicletas eléctricas para percorrer ambas beiras
- Salvaterra-Monçao, Tui-Valença e Tomiño- Cerveira dispoñen de 46 bicis de balde
- Funcionan cunha 'app' e o único requisito é que non se poden intercambiar entre as eurocidades
Experimental
Trátase dun proxecto piloto, pioneiro na península ibérica, segundo remarca o concelleiro en Tomiño, Uxío Benítez, e vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho.
“Se sae ben a idea é extendelo en número de bicicletas e de estacións de servizo, mesmo fóra das tres eurocidades“
"A aspiración nosa, se sae ben e se funciona ben, é extendelo non só en número de bicicletas e de estacións de servizo dentro desas eurocidades, senón mesmo fóra desas tres eurocidades, ao longo do río Miño”.
Alcaldes e alcaldesas dos seis municipios estrearon o primeiro servizo, un paseo pola centenaria ponte de Tui, símbolo da unió entre as dúas beiras.
“O noso desexo é que cada vez pasen máis bicicletas nesta ponte que automóbiles”, sinala a Presidenta da Cámara Municipal de Valença, Vaz Carpinteira.
O proxecto busca tamén consolidar a marca Rio Miño como destino turístico, achegando cultura e paisaxe nun espazo fronteirizo no que hai moita mobilidade.
““Cada vez Europa valora máis estes pequenos proxectos de cooperación, capaz de coser fronteiras“
“Cada vez Europa valora máis estes pequenos proxectos de cooperación, que realmente son quen de coser as fronteiras e de unir a pobos veciños” Sandra González, Alcaldesa de Tomiño.
Modo de uso
Para desbloquear as bicicletas pode usarse unha aplicación de móbil, depositar fianza ou usando unha tarxeta de usuario con rexistro físico en oficinas de turismo ou nos concellos.Un dos primeiros usuarios destaca o bo da experiencia. “É un bo entretemento. Hai unhas paisaxes bonitas e é bo para a saúde”, di Guillermo Fernandes.
Nesa liña de conectividade, a Agrupación de concellos do Río Miño vai solicitar fondos europeos para crear un anel verde unindo sendas e ecovías dende Caminha a Melgaço volvendo ata a Guarda pola ribeira galega.
“Podemos estar falando de 150 quilometros de percorridos naturais ao redor do río e que van fortalecer esa estratexia turística de refortalecemento do territorio na que estamos enmarcados” Uxío Benitez, vicedirector da AECT Rio Miño.
Este proxecto ten un orzamento de 90.000 euros.