Enlaces accesibilidad

Unha libraría de Pontevedra especializada en manga remonta a crise grazas aos vídeos que o dono sobe a TikTok

  • Estivo a piques de pechar e agora ten visitas ata de Sudamérica
  • Outros viaxan de lonxe para estar no establecemento, que non vende en liña

Por
O libreiro de TikTok

Vídeos curtos, con son, imaxes, e efectos, que axiña poden facerse virais. É o fenómeno TikTok, a 'app' chinesa mais popular entre a mocidade.

A libraría de Fernando Iglesas, en Pontevedra, especializada en comic manga, está a causar sensación en Tik Tok mediante os vídeos que sobre á rede, con milleiros de visualizacións que contribúen a remontar o negocio.

O día que visitamos a libraría tiña unha visita de seguidores de Madrid, cos que gravou un vídeo que logo subiu á rede. En poucos minutos conseguiu milleiros de visualizacións e de ’likes’.

Hoxe é o día dos madrileños, máis madrileños...

"Hoxe é o día dos madrileños, máis madrileños", di el rodeado do grupo e dirixíndose á cámara.

A libraría non ten venda en liña.

Ata en Chile, México e Colombia ten seguidores a través da rede social.

"Ese público ao que o algoritmo de TikTok lle entrega o vídeo espera que eu fale de manga. Se eu aparezo por alí cun tixolo fritindo uns ovos, seguramente lle dan para arriba ao teléfono co dedo, o algoritmo vai ver que non hai permanencia de visualización e vaime parar o vídeo", explica Fernando sobre as demandas dos seus seguidores.

A piques de pechar

Dende que abriu hai 27 anos, moitos clientes acoden cada día a charlar con Fernando, de paso que mercan a prensa ou revistas. A crise fixo que o negocio fose a peor e tivo que reinventarse.

Había días que non facía 100 euros de caixa, quedábame un beneficio de 20 euros

"Había días que non facía 100 euros de caixa. Fai contas que de aí che vai quedar un beneficio de 20 euros", confesa Fernando.

Hoxe os seus vídeos, de uns segundos, poden acadar millóns de descargas.

Grazas á plataforma, Fernando pode seguir vivindo dun mundo que o fascina.