Volve Casas Novas, con 200 cabalos e os mellores xinetes e amazonas do mundo, chegados de 16 países
- O concurso de Arteixo é un dos máis prestixiosos do circuíto internacional, con algúns participantes galegos
- Para as probas, que continúan toda a fin de semana, os cabalos pasan con antelación un exhaustivo exame físico
Recepción
Segundo van chegando a Casas Novas, os cabalos participantes pasan unha esixente inspeccion veterinaria. Control de pasaportes, comprobación de vacinas e medición de temperatura.
“Faise unha identificación visual dos cabalos, co microchip e fáiselles trotar para comprobar o aparato locomotor“
O veterinario Juan Turrero engade que tamén se fai "unha identificación visual dos cabalos, co microchip e o pasaporte, e fáiselles trotar para ver que o aparato locomotor está en condicións óptimas para concursar".
Dependencias cinco estrelas
Superadas esas probas, son trasladados ás súas dependencias, estancia cinco estrelas, onde reciben todos os coidados que precisan.
“Inténtase non poñer xuntas as éguas cos machos, para que non haxa problemas“
O xefe de cortes Pierre Yves Tack explica que "Inténtase non poñer xuntas as éguas cos machos, para que non haxa problemas. Porque senón, úlense uns aos outros e pódense volver un pouco tolos".
Tres días de saltos
Despois de dous anos de parón, por mor da pandemia, regresan a Casas Novas os mellores xinetes e amazonas do mundo, chegados de 16 países e 3 continentes.
“É unha sorte ter aquí este concurso, porque atrae os mellores xinetes do mundo. Poder participar con eles é unha ledicia“
Entre eles, varios participantes galegos, que queren deixar alto o pavillón local, como explica un deles: "É o concurso máis importante que se fai en Galicia, é unha sorte ter aquí este tipo de concursos, porque atrae os mellores xinetes do mundo. Poder participar con eles é unha ledicia, tanto para aprender como para intentar participar nalgunha proba, a ver que tal se dá".
As probas que comezaron esta mañá. Continuán durante toda a fin de semana.