Enlaces accesibilidad

Aldeas con vida

  • 1.900 aldeas deshabitadas en Galicia. Algunhas están ben conservadas aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente
  • Visitamos unha sen ningún habitante empadroado e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono

Por
Aldeas con vida

Castro Caldelas é o concello da provincia de Ourense con máis núcleos de poboación deshabitados, segundo o Instituto Nacional de Estatística. Pero de esos vinte lugares, só tres están realmente abandonados.

1.895 aldeas sen ningún veciño

Trabazos é unha das dezasete aldeas de Castro Caldelas que xa non teñen veciños empadroados. O que non quere dicir que estea abandonada.

En xullo e agosto as cinco casas están ocupadas e os donos dunha delas que viven en Ourense pasan aquí as fins de semana.

Pilar Teijeiro vive en Madrid, pero como está xubilada, cada quince días visita a casa centenaria na que naceu.

Por la memoria de mi padre, quiero conservar esto”, indica Pilar. “Yo llego aquí y tengo mucha paz, mucha tranquilidad. Me gusta muchísimo, me siento feliz en el pueblo”.

En Trabazos non vive ninguén de xeito permanente dende hai 34 anos. Os seus habitantes emigraron cando o campo deixou de ser un modo de vida.

A xente nova segue tirando polo pobo. Espero e confío en que Trabazos siga tendo vida

Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, explica que “sempre prexudica que non haxa veciños empadroados, porque entón figuran os núcleos como desertizados, cando realmente non é así. Pero, bueno, temos cercanía coa capital e hai xente que vai traballar alí e considera que alí é onde debe estar, é o seu dereito tamén. Non obstante”, apunta a alcaldesa, “eu vexo que en Trabazos a xente nova segue tirando polo pobo. Espero e confío en que Trabazos siga tendo vida”.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, no 2021, en Galicia, 82 núcleos que estaban baleiros recuperaron habitantes. Para eses lugares, unha aldea de Castro Caldelas situada no límite coa provincia de Lugo é un exemplo de repoboación.

Tronceda, preto do Canón do Sil

Nos anos cincuenta Tronceda tiña máis de douscentos veciños empadroados. Cando un emprendedor valisoletano a escolleu en 1994 para abrir unha casa turística levaba dezaseis anos abandonada.

“A mí que trajo la idea de la que las riquezas están en los territorios y no tanto en la ciudad”, conta José María Cófreces, dono da casa rural 'A Palleira', en Tronceda.“Y un proyecto concreto que yo tenía en la cabeza, que era el desarrollar un tipo de turismo responsable y conectado con el territorio”, engade.

Conviven veciños de varios países

Hoxe, en Tronceda hai dez casas habitadas por trinta adultos e cinco menores de fóra de Galicia e do estranxeiro, que viven das riquezas dos montes comunais, do turismo, da gandeira e da artesanía. É unha aldea autoxestionada que subsiste grazas ao traballo colectivo.

“Sería una copia de lo que pasaba en los pueblos siempre”, explica Jose María. “En los pueblos había mucha cooperación entre vecinos, y aquí es algo que se mantiene”.

Conta este emprendedor que, cando a xente quere vir a instalarse nesta zona, “les digo aquí no vengáis a hacer un proyecto económico, venid a hacer un proyecto de vida. Si vienes a hacer un proyecto de vida, aquí con 400 euros si los vas consiguiendo haciendo artesanía o haciendo cualquier cosa, se puede vivir muy bien”.

Bexán, no Saviñao

A 60 quilómetros de Tronceda, no concello lugués do Saviñao, Bexán agarda rexurdir das ruínas. De ter 130 veciños pasou a perder todos os seus habitantes nos últimos cincuenta anos. Outro emprendedor xa mercou cinco casas para convertelas en aloxamentos de turismo rural. As fotos dos seus antigos moradores seguirán expostas ata que a aldea cobre vida.