Colea aínda a reunión do presidente da Xunta co presiodente do goberno central. Especialmente o único non claro co que veu de volta Alfonso Rueda. Él insiste en que é posible o traspaso das competencias do litoral sen reforma-lo estatuto de autonomía. O delegado do goberno sostén que é imprescindible, e que Galicia conta co apoio da oposición nesa reforma. Mentres, dende o sector, reclaman que se active esa transferencia pra darlles certezas e reduci-la inseguridade xurídica. E o BNG non entende a docilidade do presidente da Xunta tralo encontro con Pedro Sánchez
- Na primeira semana de agosto quedará definido o teito de gasto da comunidade para o vindeiro ano.
O luns será aprobado polo Consello da Xunta e o mércores no Parlamento, nun pleno extraordinario.
- O presidente de Abanca sinala que o imposto ós bancos que vai aprobar o gobeno terá un impacto negativo para a economía.
Juan Carlos Escotet, que dubida da súa constitucionalidade, considera que a medida suporá un importante freo ó crédito que é o sostén do tecido empresrial.
- Os palangreiros da Guarda piden amparo á Unión Europea.
Fanno despois de que activistas de Greenpeace retiraran 30 quilómetros de palangre e 286 anzós no Atlántico Norte pertencentes a un buque da Guarda e a outro de Burela.
- As toxinas volven pecha-lo marisqueo na ría de Pontevedra. Sucede por segunda vez en 15 días.
O sector sinala que lles está a supor importantes perdas. Só pouideron traballar 4 días no mellor mes para as vendas