Polémica pola elección de A Coruña como sede da Axencia Estatal da Intelixencia Artificial. Nin dúas semanas despois da decisión do goberno, unha das cidades candidatas, Granada, estuda impugnar a elección. O alcalde reúne ás institucións implicadas para analizar a transparencia do procedemento. Considera que os membros do executivo non actuaron de forma correcta.
Francisco Cuenca, alcalde granadino e compañeiro de partido da rexedora coruñesa Inés Rey, é claro: canto máis sabe de como foi a elección, máis dúbidas lle crea
- Monforte acollerá un novo Centro de Competencias Dixitais de RENFE, segundo anunciou a secretaria de Estado de Transportes.
Estará especializado en operacións de ciberseguridade. Será o primeiro destas características a nivel europeo.
- En Arousa continúa a vixilancia da mancha de fuel que, nas últimas horas, obrigou a pechar a recollida de mexillón en varias bateas da Pobra do Caramiñal.
Faise un seguemento por terra e por mar. o vento e as correntes axudaron a espalla-lo vertido.
- Os colectivos ecoloxistas acollen con certa desconfianza a reforma legal anunciada pola Xunta pra asumi-las competencias plenas do litoral.
Estas organizacións temen que o cambio poida fomentar certa "marbellización" da nosa costa.
- No clínico de Santiago, os especialistas de xinecoloxía acordaron esta mañá en asemblea convocar unha folga.
Protestan porque a xerencia continúa obrigándoos a facer gardas no hospital comarcal do Barbanza