Galicia Informativos
Crónica de Galicia 14/02/2013
14/02/2013
50:13
A xuiza de Lugo ordena a detención de nove persoas en relación á operación Pokemón: catro en Santiago, catro en Girona e unha en Asturias. Os detidos en Galicia son o edil de Seguridade de Santiago, o ex asesor do anterior alcalde, o xerente da concesionaria Acuagest e un empresario.
Núñez Feijoo reitera no consello da Xunta que fará públicos todolos seus bens, antes e despois de estar á fronte do goberno galego. Dirección e sindicatos de Nova Galicia Banco reúnense pra asinar o preacordo do cuarto ERE. A CIGA mostra o seu rexeitamento.
Unha muller de 83 anos gravemente ferida en Vilagarcía nunha explosión na súa casa, posiblemente por un escape de gas.