Galicia Informativos   Crónica de Galicia(10/03/11) 10/03/2011 49:39

Críticas a Feijóo por deixar en mans da dirección nacional do PP a estratexia das caixas

O Congreso convalidou, coa abstención do PP, o decreto de recapitalización das caixas. No Parlamento Galego, o Bloque criticou a Feijóo por deixa-la estratexia das caixas nas mans do PP nacional.O Presidente da Xunta dixo que non defraudará os intereses dos galegos.Pachi Vázquez asegura que a Xunta prepara o copagamento de servizos públicos.Mañá pasarán a disposición xudicial dous sindicalistas de Vigo supostamente relacionados con actos vandálicos.O alcalde de Redondela rexeita as queixas dos veciños do Val de Maceiras polas obras do AVE. Especialistas en cine de Europa e América analizan en Santiago o cinema español da II República(10/03/11)

Galicia Informativos
Más opciones