Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
A preocupación polo medio ambiente en Galicia ocupa unha vez máis as portadas informativas. A nosa comunidade será a que pague a maior multa a Europa por incumprir obxectivos en xestión de residuos. Así lle-lo trasladou nunha carta á Xunta o goberno central... unha carta que a conselleira do ramo tacha de demagóxica.
A titular de medio ambiente tamén mantén a súa defensa dos potenciais beneficios que podería traer a celulosa de Altri á comarca da Ulloa. Augas de Galicia vén de publicar un informe positivo sobre a planta, un dos informes sobre o que se vai apoiar a declaración de impacto ambiental. A plataforma contraria a Altri teme que a Xunta estea preparando o terreo para a súa autorización definitiva.
Mentres, o BNG estivo hoxe en Redondela defendendo unha programación de actividades pedagóxicas sobre o pasado da illa de San Simón como prisión franquista.
No tempo de entrevista... falamos coa actriz Lucía Veiga que nunha semana podería ter nas súas mans un Goya polo seu papel en Soy Nevenka.
Nos deportes, hoxe duelo trascendental para a permanencia do deportivo feminino.