Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 01/12/23
01/12/2023
44:42
O Eixo atlántico presentou esta mañá o seu mpa de cohesión socio-territorial do eixo atlántico. Un documento que repasa propostas pra combate-lo envellecemento e a perda de poboación que non por moi sabidas deixan de ser pertinentes, coma a necesidade de bos servizos públicos no rural pra poder fixar poboación. Pero tamén se apunta unha necesidade maior: a coordenación entre tódolos axentes, dende os concellos ata o estado, que queren loitar contra este grave problema. Porque os esforzos se perden en iniciativas illadas.