Núñez Feijóo particario de relaxar o uso da máscara en exteriores e manter o certificado COVID. Hoxe baixa de novo o número de persoas con coronavirus, pero as hospitalizacións xa pasan de 700.
O sindicato UUAA demanda da Xunta un rescate para salvar a producción de tenreira galega suprema. Agora -denuncia- vende a prezos moi por debaixo dos custos de producción.
A corporación de Vigo insta a Feijóo a rectificar a súa proposta de liberar de peaxe a AP-9 ó Porriño e non facer unha nova autoestrada. Aprobouse nun pleno extraordinario cos votos do grupo socialista. O Partido Popular e o BNG abandonaron a sesión antes da votación.
O mes de xaneiro foi o máis seco dos últimos dez anos. Un panorama que, por certo, non parece que vaia mudar a curto prazo. Sen embargo, a situación non é preocupante de momento.
Pois a situacion meteorolóxica non vai variar. Segue seco e solleiro.