Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 01/04/2021 01/04/2021 30:11

As chuvias regresan hoxe á comunidade. Serán precisas pra axudar a sofocar os incendios activos. Son tres, máis un xa controlado, que suman 400 hectáreas arrasadas, todos declarados á medianoite.

O peche perimetral da comunidade rebaixa as expectativas de ocupacións pra estas festas. Os hoteis urbanos non superan o 20% de ocupación. No eido rural, os establecementos abertos elevan a previsón ó 50%.

Repunta das camas ocupadas por pacientes coa COVID. Seguen baixando as unidades de críticos, e se manten a caída de casos activos

As medidas anticóvid dificultan a celebración dos xuízos. As declaracións telemáticas dificultan a comunicación entre o acusado e o seu defensor, e vense afectadas polos problemas técnicos.

Preocupación por un proxecto de parque eólico a tres kilómetros de Lalín. Son 20 aero-xeradores de máis de 200 metros, a carón do camiño de Santiago de Inverno.

Os socalcos da Ribeira Sacra teñen mil anos de antigüidade. Un estudo do CSIC e a Xunta fixo probas de carbono 14 a un cento de mostras, e proba a súa ocupación constante durante séculos

Galicia Informativos
Más opciones