Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 01/04/23
01/04/2023
30:05
Sábado tráxico nas estradas galegas este da primeira fin de semana da Semana Santa. Catro mozos, dous homes e dúas mulleres, morreron esta mañá nun accidente de tráfico ocorrido en Xove. Ningún cumprira os 20 anos. O condutor, que é o único que saiu con vida, atópase en estado grave. E mesmo ía no coche un sexto ocupante que resultou ferido leve.
E en Lugo, unha muller de idade avanzada morreu esta madrugada por mor dun lume que se iniciou na cociña e acabou afectando a toda a casa. Non puido fuxir das lapas porque estaba soa e tiña problemas de mobilidade.