Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 01/05/23
01/05/2023
30:32
Primeiro de maio, día do traballo, no que os principais sindicatos elexiron VIgo pra celebrar os seus actos centrais. Fano por separado, como ven sendo habitual, pero cunha preocupación en común: as alzas de prezos. A CIG reclama emprego, salarios e pensións dignas e rexeita a reforma laboral e das pensións, que considera que agreden á clase traballadora. Comisións e UGT poñen o foco na necesidade de loitar contra a inflación subindo salarios... Uns e outros reuniron a milleiros de persoas nestas mobilizacións, incluidos os principais lideres dos partidos de esquerda.