Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 01/07/21 01/07/2021 49:51

21 estudantes galegos iniciaron xa o regreso a Galicia despois de que un xulgado de Mallorca anulase os confinamentos forzosos a rapaces que non deron positivo.

Nova subida dos casos activos. O gromo de Mallorca alcanza os 157 casos pero tamén semellan comezar a aflorar os resultados de celebracións coma as de San Xoan

Satifacción entre os ecoloxistas pola imputación de dous altos cargos da Xunta que presuntamente prevaricaron no informe de reapertura da mina de Varilongo, en Santa Comba.
 
Ábrese a campaña para a extracción de nécora e do lumbrigante. Por primeira vez, aplícase o Plan experimental para a xestión da nécora que determina o número de nasas permitido a cada embarcación

A diócese de Mondoñedo-Ferrol conta desde hoxe con novo bispo. Trátase do burgalés Fernando García Cadiñanos. Ten 53 anos. A diócese que conta cun cento de cregos e  420 parroquias.

Unha ourensá convertiuse na primeira nai de España con dereito a desfrutar de 28 semanas de permiso de maternidade. Suma ao seu permiso as doce semanas que lle corresponderían ao segundo proxenitor.

No tempo de entrevista, coñecemos unha iniciativa do concello de Cambre que evita que o abandono escolar temperán acabe na exclusión social.

Galicia Informativos
Más opciones