Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 01/07/23 01/07/2023 30:06

Seguen os ecos da última sentenza contra as concesións de transporte escolar gañados por Monbús. Empresas que fixeron as denuncias advirten de que este paso cambiará o mapa do transporte en Galicia, e que Monbús acabará por ver prexudicadas os contratos tamén do transporte urbano.

Mentres nervios en Silleda coas oposicións a distintas categorías da administración autonómica. Participación dun 52 por cento dos anotados nos exames da quenda de mañá.

En Vigo, desaloxado un edificio da rúa Sanjurjo Abadía esta mañá por mor dun incendio. Trátase dun inmoble abandonado aínda que había algunhas persoas dentro. Con todo, non hai que lamentar feridos.

E reaberto ó público un dos tesouros da Mariña: o paseo do Fuciño do Porco.

No deporte, moito movemento de entradas e saídas. O Celta fai a primeira fichaxe da tempada: Carles Pérez, traspasado pola Roma, xa xogou cedido cos vigueses na última campaña. O Depor renova a súa estrutura: confirmado Imanol Idiakez como novo adestrador, Massimo Benassi como director xeral. Fichaxe ademais de Paris Adot para os branquiazuis.

No noso tempo de entrevista conversaremos coa escritora Ledicia Costas, quen esta semana recibiu unha das Medallas Castelao.

Galicia Informativos
Más opciones