Os socialistas galegos denuncian que a Xunta non executou os fondos extraordinarios recibidos durante a pandemia
Fondos que deberían ter servido pra mellora-la situación da sanidade, especialmente a atención primaria, da que o BNG asegura que está en desmantelamento
Mantense a situación 2 de alerta polo incendio do concello de Arbo
É unha medida preventiva pola proximidade dos focos ó núcleo das Searas, pero a situación mellorou nas últimas horas. O incendio calcinou unhas 400 Hectáreas.
O sindicato CUT impugnará a oferta de emprego público da Xunta pro ensino
Entende que trata de evitar con ela o cumprimento da lei de estabilización de persoal interino. E denuncia que se prepara un cese masivo de traballadores temporais
O prezo medio do litro de leite en Galicia alcanza os 43 céntimos.
Con todo os gandeiros indican que se trata dunha medida da industria ante a escaseza de produto e que as cantidades non compensan os elevados custos de produción.
Canto ó tempo, hoxe temos alerta por altas temperaturas na conca do Miño e nas rías baixas